The Beta Band | |
---|---|
Orixe | Edimburgo, Escocia |
Período | 1996 - 2004 |
Xénero(s) | folktrónica, música experimental, downtempo, indie rock, folk |
Selo(s) discográfico(s) | Regal Records |
Membros | John Maclean Richard Greentree Steve Mason Robin Jones Gordon Anderson Steve Duffield |
Na rede | |
http://www.betaband.com/ | |
The Beta Band foi unha banda escocesa de indie rock formada en 1996 en Edimburgo. Foi aclamada pola crítica e chegou a acadar o status de banda de culto. O seu estilo foi descrito como "folktrónica", unha mestura de folk, música electrónica, rock, trip hop e improvisación experimental.
The Beta Band separouse no ano 2004 tras publicar tan só tres álbums de estudio, pero durante a súa carreira foron aclamados por bandas como Radiohead ou Oasis, sendo escollida por estes últimos para abrir os seus concertos en 2001.[1] A música da banda apareceu en múltiples películas, como High Fidelity e It's All Gone Pete Tong.